XVI Premios Luis Freire de Investigación Científica

premios_luis_freireCon motivo do 100 aniversario do nacemento do botánico galego.

O Premio Luís Freire de investigación científica para escolares renóvase. En colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa, as novidades que se propoñen inclúen unha nova modalidade de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e premios.

Pero o cambio principal é o que contempla a participación a través de tres modalidades. A primeira dedicada a proxectos de investigación científica realizados en aulas de Educación Primaria. As outras dúas van destinadas a alumnos de Educación Secundaria e de Bacharelato (unha nova modalidade que premiará proxectos de carácter tecnolóxico).Tamén os premios cambiaron. Nesta ocasión os profesores e alumnos gañadores poderán asistir ás feiras científicas que se celebrarán en Barcelona (Exporecerca Jove) e en Ourense (Galiciencia).

As novas modalidades son as seguintes:

  • Modalidade de Investigación científica en Ensino Primario
  • Modalidade de Investigación científica en Ensino Secundario Obrigatorio
  • Modalidade de Investigación tecnolóxica en Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Ciclos Formativos

Para participar hai que enviar unha pregunta relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, á que se lle desexe dar resposta mediante unha investigación científica. A cuestión debe presentarse reenchendo o boletín de inscrición, e enviándoo por correo electrónico a premioluisfreire@casaciencias.org ou entregándoo na Casa das Ciencias da Coruña ata o día 28 de novembro de 2014.

Máis información sobre o Premio Luís Freire

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*