Os venres sen plástico

venres_sen_plastico_colle3Únete á iniciativa en prol dun día ambientalmente máis sostible e etiquétao nas redes: #venressenplastico #colle3

Coge3, a iniciativa medioambiental xestada na Mariña lucense coa que vén colaborando Sogama, acaba de poñer en marcha o proxecto “Venres sen plástico”, co fin de que todos os que voluntariamente queiran sumarse ao mesmo teñan a oportunidade de reducir e racionalizar o consumo de plástico dun só uso, minimizando a súa pegada ecolóxica.

Tal e como aseguran os seus portavoces, en moitos casos o envase e envoltorio de plástico do produto que consumimos cuadriplica o tamaño deste, xerando un gran impacto medioambiental. O planing é o seguinte: dado que os venres é o día da semana no que, en maior medida, os cidadáns fan as súas compras, o obxectivo é invitalos a que, desde que se levanten ata que se deiten, eviten os produtos que veñen envasados en plástico e prioricen aqueles adquiridos a granel e sen envase nin envoltorio. Igualmente, pídeselles que minimicen o consumo indiscriminado de bolsas plásticas e opten por levar a súa bolsa reutilizable de casa ou ben recorran ao tradicional carriño da compra, a alternativa máis sostible e práctica.

E é que cada español consome unha media de 238 bolsas de plástico ao ano e só o 10 por cento das mesmas acaban no contedor amarelo para ser recicladas. No resto dos casos, ou ben se mesturan de forma indiscriminada co lixo en masa ou ben viaxan pola natureza arrastradas polo vento, onde poden permanecer moitos anos ata degradarse.

Só a través da colaboración cidadá é posible evidenciar outra forma de consumir, máis racional e respectuosa co medio ambiente. Os representantes de Coge3 están convencidos de que as empresas tomarán boa nota destes cambios e procurarán a comercialización de artigos noutro tipo de soportes, envases e envoltorios.

Do mesmo xeito que veñen facendo coa campaña que lles deu nome (Colle tres residuos, sácalles unha foto e compártea nas redes), invítase aos internautas a que tamén fotografíen as súas compras e os seus xestos, que, en todo caso, deben ter un nexo común: reducir o consumo de plástico ao estritamente necesario, e que as compartan na rede. Tamén se lles insta a que dean a coñecer as experiencias que vivirán a partir deste momento para a consecución dese gran reto, consciente da dificultade que entrañará, sobre todo ao principio.

Para etiquetalo poden usarse os hashstag #viernessinplastico e #colle3.
Para máis información, a web do colectivo Coge 3

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*