Ides tirar toda esas sobras da neveira? Non pensamos que sexa boa idea…
Anselmo, o gato Evaristo e o can Antenas están preocupados polo que van comer hoxe. Queren ir correndo á tenda. O profesor Uxío explícalles como aproveitar as sobras para cociñar cousas sabrosas.
Aproveitando a Semana Europea de Prevención de Residuos, que nesta ocasión ten o obxectivo de concienciar sobre a necesidade de aproveitar mellor a comida, Sogama achéganos un novo capítulo das aventuras da Familia Trebón.
Ademais do conto, tamén dúas imaxes para colorear: Anselmo cociñando e Lucas e Lilia á mesa.
Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:
- Facebook – Educación Ambiental Sogama
- Twitter – Educación Ambiental Sogama
- Tuenti Educación Ambiental Sogama
- O videoxogo ‘Separa para reciclar’
[…] CAPÍTULO 32: E hoxe que comemos? […]