Xornadas de Educación e Cultura Tradicional

cultura_tradicionalConvocatoria de Nova Escola Galega. En Teo, os días 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015.

Esta primeira edición das NEG-Xonradas de Cultura Tradicional e Educación nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial. A intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta. Deste xeito, achegaranse coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.

Obxectivos de avaliación

– Poñer en valor aquelas experiencias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas.
– Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tradicional.
– Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
– Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.

Metodoloxía

– Sesións teóricas: conferencias, relatorio e paneis; que servirán para analizar o estado da cultura tradicional no ensino, así como as súas potencialidades neste senso.
– Obradoiros: estas sesións teñen por finalidade que o asistente coñeza de primeira man os recursos existentes para traballar a cultura tradicional na escola, concretamente baile e música tradicional.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*