Obradoiros, teatro e música no Nadal lugués

nadal_lugoO programa está dividido en catro partes segundo o lugar no que se realizan as actividades.

Así, haberá activiades na rúa como a Feira ArteNadal na praza Anxo Fernández Gómez, ou a presencia dun carteiro real que irá polos diferentes barrios da cidade en horario de 17 a 19 horas a partir do 26 de decembro para que todos os nenos e nenas poidan entregar a súa carta para os Reis Magos de Oriente. Tamén forma parte deste apartado a Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro con saída ás 18 horas e que este ano contará con novidades e sorpresas.

Nun segundo apartado están as actividades no Auditorio Municipal Gustavo Freire e que comezarán o próximo sábado 13 coa representación da obra de teatro benéfica de O barco sen mariñeiro a cargo de Achádego Teatro e o recaudado irá destinado ao Banco de Alimentos. Entre o día 13 e o 3 de xaneiro haberá 13 actuacións diferentes dirixidas ao público infantil como a actuación da Orquesta Panorama Kids o día 14 ou o de Juan “D” e Beatriz con Los Lunnis o día 27 de decembro. Tamén para os bebés de entre 6 e 3 anos haberá unha obra de teatro a cargo da compañía Teatro de Semente o día 23 ás 17.30 e as 19.30 horas.

Durante este Nadal tamén o renovado Mercado de Abastos contará con actividades musicais e xuvenis que comezan o sábado 13 co IV Troco Xuvenil Solidario Recicla o que tes entre as 11 e as 13.30 horas. O venres 26 de decembro haberá un cotillón solidario de Nadal en beneficio da Cruz Vermella co programa de recollida de xoguetes e dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que queiran pasar unha tarde divertida entre as 17 e 21 horas. Para asistir deberán inscribirse previamente no 010 entre os días 19 e 23 de decembro.

A concelleira Carmen Basadre tamén anunciou actividades en diferentes emprazamentos como centros de convivencia ou no propio MIHL, do que destaca un proxecto en colaboración coa Obra Social La Caixa, que baixo o nome Planeta Móbil. Vive o mundo da astronomía, permitirá aos nenos e nenas coñecer os segredos da astronomia a través de proxeccións nunha cúpula con pantalla semiesférica situada na sala da Caixa Negra do museo. Esta actividade inaugúrase o luns 22 ás 19 horas e poderá visitarse ata o día 28 de decembro.

Ademais destas actividades dirixidas para os máis pequenos tamén se levan a cabo outras obras de teatro e actuacións musicais dentro do programa de Nadal como son as actuacions das corais, orfeóns e grupos vocais de Lugo que se desenvolverán en diferentes espazos da cidade.

Obradoiros Nadal Creativo
Por segundo ano consecutivo vai a celebrarse o Nadal Creativo, unha serie de actividades infantís que se desenvolverán nunha carpa que se vai situar na Praza de Anxo Fernández Gómez e co que se “trata de ofrecer actividades relacionados co Nadal que ofrezan un tempo de lecer aos máis pequenos á vez que estimulan a súa creatividade e ademais o ano pasado tiveron moito éxito” segundo Carmen Basadre.

Estes obradoiros comezan o día 20 de decembro e rematan o 4 de xaneiro e desenvolverase simultaneamente dous talleres en horario de 11.30 a 13.30 e polas tardes serán catro talleres de 1 hora e media entre as 17 a 18:30 e de 18:30 a 20 horas. A inscrición será gratuíta e está recomendado para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos previa inscrición a través do 010 e deberán ir acompañados por un adulto. Os talleres terán un número de prazas de 25 por sesión agás os de decoración de baroo que o número de prazas será de 12 por sesión.

Nos obradoiros aprenderán a elaborar un belén con plastilina, decoración en barro, bolboretas con pinzas, postais e adornos de Nadal ou globoflexia entre as moitas actividades de manualidades e decoración.

Programa Nadal 2014 en Lugo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*