‘Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico’

out_to_seaExposición na sede de Vigo da Fundación Barrié. Deica o 1 de marzo de 2015.

O proxecto dos residuos de plástico, exposición e proxecto educativo que denuncian o impacto dos residuos plásticos nos océanos, é a mostra que estará na Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31, Vigo) deica o mes de marzo.

Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e aos poucos vanse transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para nosa saúde. A Fundación Barrié poñerao de relevo a través da exposición ‘Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico’, unha mostra do Museum für Gestaltung Zürich en asociación coa Drosos Foundation que se presenta por primeira vez en España. A exposición destaca o impacto dos residuos de plástico e analiza algunhas posibles solucións para o problema. Propoñerá un proxecto educativo de conservación medioambiental que vira en torno a esta mostra co fin de concienciar á sociedade, especialmente aos máis novos, na urxencia e necesidade de non ensuciar os nosos mares con lixos plásticos.

Un gran colector trasladou desde o norte de Europa a Vigo todo o material e obxectos que conforman a exposición, e que ocupa tres plantas do edificio da Fundación. En torno á mostra, educaBarrié programará ata marzo un completo programa didáctico para grupos escolares, familias con nenos e grupos de adultos, que achegará aos espectadores de forma activa ao trasfondo deste problema e ao seu impacto nas nosas vidas.

Silenciosa e paulatinamente fóronse acumulando nos océanos inxentes cantidades de lixo plástico que provocan cambios irreversibles tanto no ecosistema mariño mundial como na cadea alimenticia. Bolsas de plástico, xoguetes, botellas de PET, envoltorios de comida… desde os comezos do século pasado este produto, un derivado do petróleo, progresou de xeito imparable polo universo do consumo. As súas vantaxes saltan á vista: custa pouco, é fácil de transformar e pódeselle dotar de case calquera calidade que se require. As nosas vidas cotiás están cheas de plástico. Pero, que pasa cun produto de plástico cando se esgota a súa vida útil?

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*