Matemáticas ao sprint

estalmat_galicia_2014O Programa de Estimulo do Talento Matemático (ESTALMAT) non trata de fomentar a competitividade, pero cando unha actividade contén un proceso competitivo, como é o caso de “Matemáticas ao esprint”, recoñecemos aos grupos que gañan. Esta fin de semana, na edición do 2014, temos que recoñecer e felicitarnos xa que o Equipo 3 de ESTALMAT-Galicia resolveu todos os problemas no menor tempo de todo o Estado, dos 53 grupos participantes. Os nosos parabéns a todos os estudantes de primeiro polo traballo feito, o entusiasmo amosado e o aplauso moi sentido que lles brindaron ao equipo gañador. Este equipo, organizado aleatoriamente antes de iniciar o esprint, está composto por Antón Mazaira (Burela), Adrián Núñez (Vilanova de Arousa), María Ramallo (Boiro), Hugo Silvanes (Pontevedra) e Pablo Stutt (Ordes).

Do segundo curso de ESTALMAT participaron 45 equipos en total e queremos salientar que tres dos equipos de ESTALMAT-Galicia remataron todos os problemas acadando as posicións 12, 21 e 22. Tamén queremos felicitar aos gañadores, o equipo 6 de Andalucía Oriental, e a todos os participantes.

Queremos finalmente agradecer á organización todo o traballo realizado.

Fonte: Estalmat Galicia

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*