Xogos en liña sobre residuos para escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria

xogos_sogamaElaborados por Sogama para a promoción do principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Co fin de dar continuidade ao seu labor no eido da educación ambiental vinculada á xestión sostible dos residuos urbanos, Sogama acaba de editar, en castelán e galego, tres xogos en liña orientados a escolares de Educación Infantil (3 a 6 anos), Primaria (6 a 12 anos) e Secundaria (12 a 16 anos), funcionando tanto en ordenadores fixos e portátiles, así como en dispositivos táctiles, preferentemente tabletas.

En todos eles, a entidade fai uso dos seus heroes (Rita, Román e Roque), que vincula á promoción do principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

XOGO DE ASOCIAR
No primeiro caso, e pensando nos pequenos de Infantil, apostou por un “xogo de asociar”, onde estes poden visualizar diversos residuos que circulan pola pantalla, debendo identificar os contedores de destino para cada un deles: amarelo (envases de plástico, latas e briks), azul (papel e cartón), iglú verde (envases de vidro) e recipiente verde convencional (fracción resto).
Se logran que o refugallo en cuestión acabe introducido no recipiente sinalado, isto significa que o xesto resultou correcto, sumando puntos ao marcador. Os erros, pola contra, supoñen descontos na puntuación.
http://www.sogama.es/gl/info/xogo-de-asociar

XOGO DE SECUENCIAS
No segundo, e de cara á Educación Primaria, a empresa inclinouse por un “xogo de secuencias” a fin de que o alumnado teña claro o percorrido que seguen os desperdicios correspondentes aos contedores amarelo e verde genérico, constituíndo estes as dúas fraccións de lixo que Sogama xestiona nas súas instalacións.

Para isto, os escolares deberán ordenar o itinerario que seguen o lixo dende que se xera ata que se deposita nos recipientes a disposición da cidadanía nas vías públicas, procedendo á recollida ds mesmo por parte dos servizos municipais e posterior clasificación no complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, previo paso pola planta de transferencia máis próxima (Galicia dispón dun total de 37 instalacións destas características, estando 20 baixo a titularidade desta empresa pública).

Na infraestrutura central de Sogama sepárase a parte susceptible de ser reciclada (envases lixeiros, aceiro, aluminio, aceiro residual e vidro), que é remitida á industria transformadora, acondicionando co resto un combustible derivado de residuos (CDR) que alimenta unha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica.

Tamén aquí, do mesmo xeito que en infantil, os acertos suman puntos e os erros restan.
http://www.sogama.es/gl/info/xogo-de-secuencias

XOGO DE TOMA DE DECISIÓNS
Respecto ao “xogo de toma de decisións”, e que destina aos estudantes de Educación Secundaria, é o que entraña maior grado de complexidade, xa que se expón ao alumno ante unha serie de situación nas que debe decidir como comprar e que comprar (hábitos de consumo), e que facer cos desperdicios xerados, avaliando as consecuencias das súas accións.
Iso lles permitirá analizar se as súas decisións foron acertadas e, de non ser así, que outras poderían adoptar para mellorar os resultados obtidos. Inténtase deste xeito que o usuario reflexione sobre os seus comportamentos, tome conciencia das súas accións e analice os resultados obtidos.

En concreto, o xogo traballa, a modo de exemplo, na organización dunha festa de aniversario, expoñendo ao escolar ante a compra de diversos produtos, formulándose cal debe elixir en función da súa composición, envases e envoltorios, data de caducidade, cantidade, etc), como debe consumilos e que xestión debe dar ao lixo producido tendo en conta as súas implicacións ambientais, económicas e sociais.

http://www.sogama.es/gl/info/xogo-de-toma-de-decisions

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*