A Fundación Pública Galega Camilo José Cela, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empeza o seu ano cultural coa conmemoración do XIII aniversario do pasamento do escritor coa convocatoria da IV edición do seu Concurso de Microrrelatos (17 de xaneiro) nas categorías infantil, xuvenil e adultos e coa tradicional misa funeral na Igrexa de Santa María de Adina que terá lugar o vindeiro 22 ás 19 horas.
No ano previo ao centenario do nacemento de Camilo José Cela nesta nova edición do seu Concurso de Microrrelatos a Fundación quere homenaxear a unha das obras máis populares do escritor padronés ‘Viaje a la Alcarria’ polo que tódolos microrrelatos deberán comezar co arranque do libro de viaxes “El viajero está echado, boca arriba, sobre una chaise-longue forrada de cretona…”. A plataforma microrrelatosfcjc.com para a presentación dos traballos e coa información xeral do mesmo estará operativa a partires deste sábado.