Os espazos naturais teñen un impacto positivo no comportamento dos nenos e nenas

El trabajo estima asociaciones beneficiosas entre los indicadores de comportamiento  y un mayor tiempo dedicado a espacios verdes y playas / CREAL
O traballo estima asociacións beneficiosas entre indicadores de comportamento e un maior tempo adicado a espazos verdes e praias /Imaxe: CREAL

Os espazos verdes e azuis asócianse cunha mellor saúde mental dos nenos. Agora investigadores do CREAL, centro aliado ISGlobal, confirman que estes espazos naturais teñen un impacto positivo no desenvolvemento do comportamento infantil.

Polo xeral, estimaron asociacións beneficiosas entre os indicadores de comportamento e un maior tempo dedicado a espazos verdes e praias (área azul), e coas zonas verdes ao redor da residencia.

Concretamente, os investigadores atoparon que máis tempo de permanencia nos espazos verdes e azuis asóciase coa redución dunha serie de problemas emocionais e de comportamento nos escolares.

Medir o verdor

Este estudo baseouse nunha mostra de 2.111 nenos en idade escolar (7-10 anos) de 36 escolas de Barcelona que participan no proxecto BREATHE. Obtiveron datos sobre o tempo que pasou nos espazos verdes e praias, cuestionarios de fortalezas e debilidades realizada polos proxenitores, e os cuestionarios de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH/DSM-IV) realizado polos docentes.

O verdor que rodea aos nenos obtívose co Índice de Vexetación Normalizado (NDVI) en distancias de 100m, 250m, 500m e ao redor de cada domicilio. A proximidade aos espazos verdes definiuse como vivir a uns 300 metros dun espazo verde importante. Os datos sobre o tempo de permanencia nos espazos verdes e azuis recolléronse mediante cuestionarios.

Referencia bibliográfica:

Amoly E, Dadvand P, Forns J, Lopez-Vicente M, Basagaña X, Julvez J, Alvarez-Pedrerol M, Nieuwenhuijsen MJ, Sunyer J. Green and Blue Spaces and Behavioral Development in Barcelona Schoolchildren: The BREATHE Project.. Environ Health Perspect 2014.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*