Coa lei antitabaco acoden menos nenos e nenas ao hospital con crise de asma

tabaco_cigarrilloActualmente só o 16% da poboación mundial está protexida por leis antitabaco.

Calcúlase que o tabaco mata a 5,7 millóns de persoas cada ano. Cada vez hai máis probas de que as leis que prohiben fumar en determinados espazos poden reducir eficazmente o tabaquismo pasivo e mellorar así a saúde da poboación. Actualmente só o 16% da poboación mundial está protexida por leis antitabaco e o 40% dos nenos e nenas están expostos con regularidade ao fume como fumadores pasivos.

A maioría de estudos centráronse ata o de agora no impacto do cambio de lexislacións entre a poboación adulta. Con todo, os nenos representan máis dunha cuarta parte de todas as mortes e máis da metade de todos os anos de vida axustados por discapacidade debido á exposición ao fume.

Dous investigadores seleccionaron estudos que tratasen a asociación entre a introdución da prohibición de fumar no lugar de traballo, lugares públicos ou ambos e os resultados en saúde preespecificados en nenos e nenas. Seleccionáronse só ensaios controlados (aleatorizados ou non), estudos controlados antes-despois e series temporais interrompidas. Utilizouse a ferramenta de The Cochrane Effective Practice and Organisation of Care (EPOC) para avaliar a calidade. Incluíronse finalmente 11 estudos de 20 potencialmente elixibles.

A conclusión é que a lexislación antitabaco asóciase a unha diminución importante no número de nacementos prematuros e no número de casos de asma atendidos nos hospitais.

 

Fonte: Evidencias en Pediatría

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*