Obradoiros de Nova Escola: Iniciación ao canto, baile tradicional, pandeireta e fotografía

obradoiro_baileLUGAR DE CELEBRACIÓN DOS OBRADOIROS E RECEPCIÓN DE INSCRICIÓNS:

Local de Nova Escola Galega
R/ das Hedras, 4-2ºO (Milladoiro- Ames)

Enviar a folla de inscrición cuberta a: neg@mundo-r.com ou ao enderezo postal indicado arriba.
*A celebración destes obradoiros está condicionada á formación do grupo necesario.

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó BAILE TRADICIONAL

 

NÚMERO DE PRAZAS: 12

MATRÍCULA:

–          Asociados/as:  20€/mes

–          Desempregados/as e estudantes: 25€/mes

–          Cota ordinaria: 30€/mes

PRESENTACIÓN

Este curso pretende achegar as nocións básicas do Baile tradicional galego, ademais de proporcionar recursos lúdico-educativos para podermos levalo ás escolas e outras entidades. A nosa intención non é que os asistentes conformen un grupo nin aprendan coreografías, senón que desenvolvan as aptitudes para poder gozarmos da nosa música tradicional dun xeito participativo.

 

OBXECTIVOS

  • Coñecermos os ritmos básicos do baile tradicional.
  • Aprendermos a manter unha postura corporal correcta no baile tradicional.
  • Aprendermos diferentes movementos, atendéndolle á riqueza do baile por todo o territorio galego.
  • Aprendermos diferentes xogos baseados no baile.

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó CANTO E Á TÉCNICA VOCAL

 

NÚMERO DE PRAZAS: 15

MATRÍCULA:

–          Asociados/as: 20€/mes

–          Desempregados/as e estudantes: 25€/mes

–          Cota ordinaria: 30€/mes

PRESENTACIÓN

Este curso pretende atenuarmos o máximo posible as carencias respiratorias e fonadoras á hora de cantarmos ou mesmo de falarmos (en aulas, conferencias…). Trátase dun achegamento ás técnicas básicas da respiración diafragmática e da boa locución e emisión da voz.

 

OBXECTIVOS

  • Coñecermos o noso corpo e a postura correcta do mesmo.
  • Aprendermos o que é a respiración diafragmática e poñela en funcionamento.
  • Aprendermos a técnica para falarmos e para cantarmos sen danarnos.
  • Aprendermos repertorio de diferentes estilos, tanto infantil como para adultos.

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA

 

NÚMERO DE PRAZAS: 15

MATRÍCULA:

–          Asociados/as:  40€/mes

–          Desempregados/as e estudantes: 50€/mes

–          Cota ordinaria: 65€/mes

PRESENTACIÓN

Este curso de iniciación á fotografía dixital pretende, por unha banda, que os alumnos tiren o máximo proveito das súas cámaras dixitais, aprendendo a utilizar todas as súas funcións e programas e, por outra, que coñezan os fundamentos básicos da fotografía, tanto a nivel técnico como creativo.

 

OBXECTIVOS

  • Coñecermos o funcionamento dunha cámara réflex e das distintas lentes.
  • Aprendermos a manexar en modo manual as opcións principais da cámara.
  • Adquirirmos nocións básicas sobre a luz e os esquemas de iluminación.
  • Comprendermos a relación existente entre velocidade, diafragma e sensibilidade.
  • Sabermos qué axustes realizar na cámara, segundo as necesidades da situación.
  • Coñecermos as regras básicas de composición fotográfica.

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á PANDEIRETA

De abril a xuño, os martes de 19 a 20:30h

NÚMERO DE PRAZAS: 15

MATRÍCULA:

–          Asociados/as: 60 euros (20€/mes)

–          Desempregados/as e estudantes: 75 euros (25€/mes)

–          Cota ordinaria: 90 euros (30€/mes)

 

PRESENTACIÓN

Con este curso, achegarémonos ó instrumento máis característico da nosa música popular para empregalo como ferramenta de traballo nas aulas ou mesmo para aprender a tocalo por simple gusto.

 

OBXECTIVOS

  • Quitarmos mitos e prexuízos arredor da suposta facilidade que hai para tocar este instrumento de técnica de relativa complexidade.
  • Introducirmos a pandeireta nas aulas como un instrumento con múltiples posibilidades.
  • Aprendermos os catro ritmos básicos característicos dos nosos temas populares (xota, pasodobre, muiñeira e rumba).
  • Aplicarmos o aprendido tocando temas sinxelos empregando os diferentes recursos técnicos e expresivos.

Nova Escola Galega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*