Priya’s Shakti, loita pola educación e o respecto ás mulleres.
Apoiar o movemento contra o patriarcado, a misoxinia e a indiferenza e fomentar a creatividade, amor e solidariedade é o obxectivo deste proxecto. Explícao para The Guardian o cineasta Ram Devineni, fundador da editorial e productora Rattapallax, desde onde se promove esta iniciativa. Na súa opinión, as antigas tradicións matriarcais foron desprazadas nas representacións modernas da cultura hindú.
O proxecto xorde a partir da violación que seis homes cometeron dunha moza de 23 anos, estudante de Medicina en Delhi, que pouco despois falecería polas feridas sufridas. O suceso provocou unha onda de indignación en todo o país e ata cambios lexislativos. Pero ese movemento aínda debe estenderse moito máis na sociedade, á luz das informacións que a miúdo falan de novos casos de ataques a mulleres na India.
O cómic parte da idea de crear novos heroes para unha India moderna e conta a historia dunha muller que, logo de ser agredida sexualmente, é ata marxinada e expulsada pola súa propia familia, actitude que as mulleres aínda sofren naquel país en moitas ocasións. A protagonista volve ao pobo para loitar pola educación e o respecto ás mulleres.
O cómic está debuxado por Dan Goldman, e pode descargarse aquí