Nós tamén creamos! 2015

nos_tamen_creamosnos_tamen_creamosConvocatoria de premios a curtas de animación en galego

O premio está aberto a todos os centros educativos galegos de infantil e de primaria, que deberán inscribirse previamente para participar, agás se xa están inscritos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta 2014-2015 . Ata 2 equipos de entre 2 e 4 docentes de cada poderán guiar o seu alumnado na elaboración dunha curta de animación coa técnica stop-motion. O profesorado que lidere a elaboración das curtas co seu alumnado recibirá, se o desexan, asesoramento durante o proceso de elaboración dos seus traballos.

As creacións presentadas ao concurso estarán accesibles na sección infantil da web da CRTVG e tamén dende www.lingua.gal. Haberá tres premios, un para a mellor curta elaborada en educación infantil, outro para a de primeiro e segundo de primaria e outra para a mellor de terceiro e cuarto cursos. O profesorado que participase na elaboración das curtas galardoadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación premanente do profesorado.

A iniciativa está impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e mais con OQOeditora.

O prazo está aberto deica o 30 de abril de 2015

As bases completas (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*