Aprendizaxe invisible: cara a unha nova ecoloxía da educación

aprendizaje_invisibleAprendizaxe Invisible (de Cristóbal Cobo e John Moravec) é un libro que xorde como resultado de varios anos de investigación, no cal os autores propoñen un remix de innovadores paradigmas de aprendizaxe e de desenvolvemento de capital humano.

Este traballo, escrito a catro mans e en dous idiomas, analiza o impacto dos avances tecnolóxicos e as transformacións da educación formal, non formal e informal, ademais daqueles meta-espazos intermedios. Este é unha viaxe no cal o lector explora un panorama de opcións para a creación de futuros relevantes para a educación deste século.

Aprendizaxe Invisible analiza correntes, teorías e tendencias, ademais de experiencias internacionais e desenvolvementos tecnolóxicos que promoven unha innovación sostible na educación.

O libro ofrece unha vasta bibliografía, un estupendo glosario e outros recursos dixitais, ademais dunha escolma de diversas investigacións e estudo de casos que destilan temáticas como: As novas teorías e ideas na educación, Os desafíos das Institucións educativas do século 21; Recomendacións de políticas públicas; Novos fluxos de innovación; Aprendizaxe baseada entre pares, Educación informal; Uso de tecnoloxías abertas e colaborativas, entre outros.

O traballo, que se publicará durante 2011 é editado por Laboratori de Mitjans Interactius (Universitat de Barcelona) e conta coa colaboración da Universidade Internacional de Andalucía.

Máis información na web da publicación: Aprendizaxe Invisible

Podedes comprar a versión impresa ou ben descargar gratuitamente o libro en formato electrónico aquí

Tamén podedes seguir en twitter aos autores: @cristobalcobo@moravec

“A aprendizaxe invisible é unha proposta conceptual que xorde como resultado de varios anos de investigación e que procura integrar diversas perspectivas en relación cun novo paradigma de aprendizaxe e desenvolvemento do capital humano, especialmente relevante no marco do século XXI. Esta mirada toma en conta o impacto dos avances tecnolóxicos e as transformacións da educación formal, non formal e informal, ademais daqueles metaespazos intermedios. Baixo este enfoque búscase explorar un panorama de opcións para a creación de futuros relevantes para a educación actual. Aprendizaxe invisible non pretende propoñer unha teoría como tal, senón unha metateoría capaz de integrar diferentes ideas e perspectivas. Por iso foi descrito como un protoparadigma, que se atopa en fase beta e en plena etapa de construción.”

Cristóbal Cobo & John Moravec

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*