Aberto o prazo para enviar propostas de comunicacións ou pósteres ao Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar

educacion-temperaO prazo para enviar propostas de comunicacións ou pósteres ao IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef 15) permanecerá aberto ata o 20 de febreiro. Este encontro celebrarase no mes de setembro na Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da USC.

Organizada pola Unidade de Atención Temperá da USC e o grupo de investigación Esculca, a cita permitirá que docentes, persoal investigador e estudantado presenten comunicacións ou pósteres sobre un amplo marco temático que abarca desde a discapacidade e o entorno familiar, os síndromes minoritarios, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade e impulsividade, bullying e acoso escolar, a familia e a escola ou a tecnoloxía dixital e a vida familiar.

Prestixiosos investigadores

O director do Instituto de Investigación en Enfermidades Raras do Instituto Carlos III de Madrid, Manuel Posadas, será quen inaugure CIATEF 2015. Xunto a el participarán, entre outros, o presidente da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER), Juan Carrión; o presidente da Federación Estatal de Profesionais de Atención Temperá (GAT), Juan Carlos Belda; ou o catedrático da USC Ángel Carracedo.

No congreso trataranse cuestións como a importancia da familia como eixo da atención temperá e a súa forza nunha educación para o éxito, o impacto que teñen na unidade familiar os síndromes minoritarios e as enfermidades raras ou o desenvolvemento da intelixencia emocional na familia. A prevención do consumo de drogas, a violencia filo-parental como ameaza para a familia ou a influencia da crise na infancia serán outros temas a abordar.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*