Formada a ‘selección galega’ para a fase final da Olimpíada de Bioloxía

olimpiada_bioloxiaTerá lugar en León a vindeira semana.

A fase previa en Galicia da X Olimpiada Española de Bioloxía celebrouse recentemente na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo Esta foi xa a décima edición do certame e nela participaron 102 estudantes de 32 centros de secundaria de Galicia. O acto foi clausurado polo decano do Colexio de Biólogos de Galicia, Pelayo Míguez, o decano da Facultade de Bioloxía de Vigo, Jesús Míguez, o decano da Facultade de Bioloxía de Santiago, Antonio Segura, o vicedecano da Facultade de Ciencias da Coruña, Federico Pomar, o Delegado da Olimpiada en Galicia, Pedro Nozal e o Delegado Territorial da Consellería de Educación, César Ares.

E velaquí os gañadores:
– Fernando Díaz. Colexio Eirís de A Coruña
– Brais Lamas. Colexio Peleteiro de Santiago
– Nerea Montes. IES Plurilingüe de Ames

Eles representarán a Galicia na final a celebrar en León.

Hai que lembrar que o ano pasado dous representantes galegos foran á súa vez seleccionados, nun caso para a daquela XXV Olimpiada Internacional de Bioloxía que se celebrou en Bali (Indonesia), para a que se clasificou a estudante do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, Flor Andrea Alonso Soret, quen gañaría aló unha medalla de bronce, e no outro caso para a VIII Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía, que tivo sede en México, e a onde acudiu Álvaro Ortega (Colexio Eirís da Coruña), quen tamén gañou unha medalla de bronce naquel torneo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*