II Concurso Proxecta Innovación

proxecta_innovacionA Plataforma Proyecta pon en marcha unha nova edición do concurso “Proyecta Innovación” co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

Que documentos necesito para presentar o meu proxecto?

É imprescindible cubrir e enviar o formulario online dispoñible nesta páxina web. Ademais, debes achegar un arquivo multimedia que resuma o obxectivo do proxecto e, de xeito opcional, un documento complementario de máximo 3 páxinas que amplíe a información do formulario.

Quen valora los proxectos presentados?

Un comité composto por especialistas no ensino a través das novas tecnoloxías. Estes profesionais serán os encargados de analizar todas as propostas presentadas e, entre elas, seleccionar aos 10 proxectos finalistas. O comité tamén decidirá que proxectos serán premiados na sesión final.

Cales son os criterios de valoración?

Todos os proxectos presentados deben ter como obxectivo a renovación da aprendizaxe a través do uso da tecnoloxía nas aulas. Para iso, o Comité analizará toda a documentación co fin de valorar:

O efecto do proxecto e a súa posible implantación a curto, medio e longo prazo sobre o proceso de aprendizaxe dos alumnos.
O papel activo dos alumnos do centro no deseño e implementación do proxecto.
A viabilidade e independencia económica do proxecto a medio e longo prazo.
A posibilidade de réplica do proxecto en ámbitos educativos distintos ao do centro participante.
A versatilidade do proxecto en distintos ámbitos tecnolóxicos e, polo tanto, non dependente en exclusiva dun software/hardware/aplicación concretos.
O número de profesores, etapas educativas e departamentos do centro que resultasen usuarios ou beneficiarios da implementación do proxecto.
Cal é o calendario da convocatoria da II Edición?

Prazo de inscrición e envío de proxectos: do 5 de decembro de 2014 ao 17 de abril de 2015.
Publicación da lista dos 10 proxectos finalistas: 15 de maio de 2015 a través desta páxina web.
Defensa dos proxectos e fallo do comité: este acto celebrarase durante o mes de maio de 2015, coincidindo co III Encontro InspiraTICs. (Todos os participantes serán avisados con suficiente antelación respecto á data e ao lugar exactos para realizar a presentación).

II Xornada InspiraTICs

Ferramentas para empatizar e comunicar mellor, a metodoloxía da “Flipped Classroom” e os vídeos como recurso educativo foron os contidos do II Encontro InspiraTICs, unha xornada dirixida a profesores de toda Galicia que na súa segunda edición, celebrada o 5 de marzo, contou con preto de 150 asistentes.

Baixo o título “Para que os teus alumnos atendan, entendan e aprendan”, o II InspiraTICs serviu de foro para que os docentes se achegasen a técnicas e instrumentos cos que inspirar e motivar os seus alumnos e “sintonizar” con eles, mozos nacidos nun ámbito dixital: os chamados “nativos dixitais”.

O encontro, celebrado na sede da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, arrancou coa conferencia “Ferramentas imprescindibles para comunicar mellor: Programación Neurolingüística e intelixencia emocional”, a cargo de Paco Rodríguez, consultor e formador de comunicación.

O relatorio centrouse no aspecto emocional do discurso, na necesidade de sintonizar a propia canle cos oíntes, algo que se consegue a través das emocións. O coñecemento propio, saber poñer nome ás propias emocións, permite a autorregulación destas e, en último termo, posibilita a motivación, que debe estar presente en calquera presentación. Invitou os asistentes a non apostar unicamente polas palabras, que constitúen un terzo da comunicación, e destacou a importancia de xerar emocións nos interlocutores para deixar pegada co noso discurso ou presentación.

Nun taller posterior, Paco Rodríguez abordou a preparación material do discurso, do que dixo que debe ser simple, inesperado, crible, concreto e emocional. Tamén destacou a importancia de adaptar a presentación ás diferentes audiencias, que no caso dos docentes poden ser alumnos, pais, un claustro de profesores ou calquera outro auditorio.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*