Materiais para a Educación do Consumidor

educacion_consumidorNa semana do Día Mundial do Consumidor, a celebrar o 15 de marzo, velaquí unha peneira de materiais dos que xa temos falado en Botóns.

No Caderno Verde de Sogama:
Recomendámosvos estas dúas aventuras da Familia Trebón no Planeta Verde:

Hai que ir á tenda. Será unha magnífica oportunidade de comprobar que alí tamén podemos ter un comportamento responsable co Planeta Verde. Querédelo ver?

As historias da familia Trebón. Carola, Anselmo e Lucas no Planeta Verde con Vito e Lilia. Os nosos amigos van á tenda na procura de ingredientes para un xantar e aprenden sobre o consumo responsable.

Esta secuencia didáctica pretende que o alumno coñeza como se preparan e elaboran os distintos tipos de alimentos. Contén tamén información sobre as estratexias de publicidade que se utilizan para motivar ao consumidor na compra dos alimentos a través de distintos estímulos. Cada un dos obxectos académicos trata de destacar e exemplificar os conceptos descritos e facer que o alumno o aplique á súa vida.

  • Os alimentosUnidade do Espazo Abalar para 2º de Primaria

A finalidade principal de este recurso é inculcar e practicar unha alimentación sá e equilibrada dun xeito divertido. Interactuando e xogando aprenderán os distintos grupos de alimentos existentes, a súa orixe, elaboración, manipulación, fomentado un consumo axeitado a súa idade e necesidades.

Material didáctico para Educación do Consumidor. Proxecto para Educación Infantil elaborado por Ángeles Abelleira

Espazo web con información e actividades sobre o Consumo Responsable. Iniciativa da Axencia Española de Consumo. Ten versión en galego.

Manual elaborado ao abeiro da Rede e-Cons, rede temática europea que trata o tema da Educación do Consumidor, como parte dun Proxecto Sócrates-Comenius

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*