En conflitos e catástrofes, protexamos a infancia do traballo infantil

En conflitos e catástrofes, protexamos a infancia do traballo infantilUnha proporción importante dos 168 millóns de nenos vítimas do traballo infantil viven en zonas afectadas por conflitos e catástrofes.

No mundo, máis de 1,5 billóns de persoas viven en países afectados por conflitos, violencia ou que se atopan en situación de fraxilidade. Ao mesmo tempo, cada ano, ao redor de 200 millóns de persoas ven afectadas por catástrofes naturais. Un terzo dos cales son nenos e nenas. Unha proporción importante dos 168 millóns de nenos vítimas do traballo infantil viven en zonas afectadas por conflitos e catástrofes. Este ano, o Día mundial contra o traballo infantil centrarase no impacto dos conflitos e catástrofes no traballo infantil.

Os conflitos e catástrofes teñen un impacto devastador na vida das persoas; matan, mutilan e lesionan as persoas e obríganos a fuxir dos seus fogares, destrúen os seus medios de subsistencia, fanos caer na pobreza e a fame, e atrápanos en situacións nas que os seus dereitos humanos fundamentais son violados. Os nenos adoitan ser as primeiras vítimas destas situacións, cando as escolas son destruídas e os servizos básicos son interrompidos. Moitos nenos son desprazados ou refuxiados noutros países, e son particularmente vulnerables á trata e ao traballo infantil. Millóns de nenos atópanse en situación de traballo infantil como resultado das situacións de conflitos e catástrofes.

Mentres que o mundo esfórzase por lograr a eliminación do traballo infantil para 2025, unamos as nosas forzas neste Día mundial para acabar co traballo infantil nas zonas afectadas por conflitos e catástrofes.

Os temas de traballo infantil e traballo forzoso en situacións de conflitos e contextos humanitarios serán discutidos na IV Conferencia mundial do traballo infantil, que se celebrará en Bos Aires en novembro deste 2017.

Máis información na web da Organización Mundial do Traballo e na das Nacións Unidas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*