Na Semana dos Bosques

bosquesPeneira de recursos aproveitando a chegada da primavera e que celebramos o Día Internacional dos Bosques e Día Forestal Mundial (o próximo 21 de marzo).

Os bosques cobren un terzo da superficie terrestre do planeta e xogan un papel fundamental na vida dos seus habitantes. Arredor de 1600 millóns de persoas, incluídas máis de dous mil culturas indíxenas, dependen directamente dos bosques no seu día a día para vivir.

Desde o punto de vista biolóxico, os bosques son os ecosistemas terrestres máis diversos, onde se albergan máis do 80% das especies animais e vexetais. Por outro lado, desde a perspectiva humana, as árbores procuran refuxio, traballo e seguridade ás comunidades que dependen deles.

A celebración mundial dos bosques, promovida pola ONU, quere concienciar a cidadanía sobre a importancia de todos os tipos de ecosistemas boscosos e de árbores.

Algúns recursos de utilidade nestes días:

  • ‘Xoguetes de papel’. Eco-conto para Educación infantil no Caderno Verde de Sogama: Xa van varios días seguidos a chover. Os nosos amigos están un pouco aburridos. Pero Lilia ten unha idea.
  • ‘No Bosque’. Ficha de Coñecemento do Medio para o 2ºCiclo de Primaria protagonizada polos Amigos de Vilaverde. No Caderno Verde de Sogama
  • ‘Os Trebón van de excursión ao bosque’. Eco-conto para Educación infantil no Caderno Verde de Sogama: Os nosos amigos decidiron deixar a vila e pasar unha tarde na Fraga da Vella. Vito e Lilia quérenlle explicarlle á familia Trebón que moi perto de onde viven hai unha outra realidade fascinante: a do bosque.
  • ‘Un souto cheo de vida’. Eco-conto para Educación infantil no Caderno Verde de Sogama: A familia Trebón viaxa co profesor Uxío a un bosque onde aprenden como unha xestión ordenada do lixo nos permite gozar da natureza.
  • ‘A vida do bosque’. Actividade interactiva para Educación Infantil no Espazo Abalar
  • ‘A vida do Bosque II’. Coñecemento do contorno. Actividade interactiva para Educación Infantil no Espazo Abalar
  • ‘O valor dos bosques’ – Os incendios forestais (WebQuest). No Espazo Abalar. Webquest na que lle propoñemos como tarefa aos alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria a realización dunha campaña publicitaria para evitar os incendios forestais nos bosques da súa localidade.

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*