21 Días co Galego

21_dias_co_galegoIniciativa do IES Pobra do Caramiñal.

A pasada semana os amigos e amigas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Lingua Galega do IES Pobra do Caramiñal convidáronnos a participar na iniciativa 21 Días co Galego, de xeito que durante o venres, Botóns foi o sitio web recomendado. Aquí podedes ver o vídeo onde lles presentamos Botóns.

Ao longo destes 21 días, que rematan este mesmo martes, peneiraron un bo abano de sitios web e propuxéronlles diversos retos ao alumnado. Recomendámosvos consultar o espazo do proxecto.

Tal e como explican na bitácora do proxecto, 21 días co galego nace para conseguir unha maior competencia en galego e unha mellor conciencia lingüística a través de diferentes actividades que pretenden levar a lingua alí onde nunca estivo na vida de moito do noso alumnado.

Esta experiencia ten dous grandes obxectivos de importancia semellante:

1) O aumento e perfeccionamento do emprego da lingua oral pola súa parte durante 21 días, con desexable continuación no futuro.

2) A reflexión íntima e persoal da relación que persoa ten co galego dende a súa situación vital concreta e individual.

A actividade, xurdida xa no curso 2012-2013, está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Lingua Galega do IES Pobra do Caramiñal.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*