A Hora do Planeta

hora_planetaComezabamos o mes celebrando o Día da Eficiencia Enerxética e rematarémolo celebrando a Hora do Planeta, unha nova oportunidade para fixarnos nesa mesma prioridade. O colectivo WWF promove en todo o mundo unha iniciativa que a cada ano vense demostrando máis exitosa e que pretende que todos e todas, individuos, empresas, concellos e centros educativos, aposten por ser máis eficientes e autosuficientes no uso da enerxía e promovan as enerxías limpas para lograr, deste xeito, reducir o nivel de emisións de C02 do planeta.

Deste xeito, un ano máis, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unirán as súas voces en defensa do medio ambiente. Por iso, a HORA DO PLANETA xa se converteu na maior campaña de mobilización e participación xamais organizada. En 2014, máis de 7.000 cidades de 150 países apagaron as luces dos seus principais monumentos e edificios emblemáticos, enviando así unha clara mensaxe: os pequenos xestos poden xerar grandes cambios.

Este ano é especialmente importante na loita contra o cambio climático: o próximo mes de decembro, en París, os gobernos de todo o mundo teñen o reto de aprobar un acordo a favor do clima.

A cita: o próximo sábado 28 de marzo. De 20.30 a 21.30 apaga a luz

Aproveitamos para recomendarvos un par de materiais do Caderno Verde de Sogama relacionados coa eficiencia enerxética:

Na web especial da iniciativa hai materiais adicionais para usar cos nenos e nenas. Baixo a etiqueta #lahoradelospeques temos dous vídeos, ‘Viaxa co Panda a un planeta renovable’ e ‘Los telerines en La Hora del Planeta’. Neste último caso, tamén dispoñen de material para colorear . A asociación WWF tamén suxire realizar algunha da media ducia de actividades que propón na súa web e subir despois imaxes da actividade á rede.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*