Alí Alí

ali_aliRecursos en galego para a educación infantil.

Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil creado por Fabaloba.

Creouse como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula. Alí fala de recursos para ler, para ver, para xogar e para escoitar.

No entanto, o contido do portal é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…

O portal clasifica os contidos nos tramos de 0-1 anos, 1 a 3 e 3 a 6 anos. Outra forma de navegalo e tematicamente: entre os temas clasificados atopamos por exemplo as Estacións, o Magosto, o Entroido, ou o Samaín.

http://aliali.gal/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*