XVIII Xornadas de Educación Infantil

xornadas_educacion_infantilSábado 18 de abril. Organizadas por CIG-Ensino e a Asociación Sociopedagóxica Galega.

Data e lugar: Sábado 18 de abril de 2015 no IES As Fontiñas en Santiago. O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen na docencia para a Consellaría de Educación.

PROGRAMA

De 09:45 a 10:00: Recepción e entrega de material

De 10:00 a 12:15: A xestión das emocións: un reto indispensábel para a educación e a convivencia. Carmen Loureiro López, Profesora de Lingua e Educación para a Cidadanía no IES da Illa de Arousa . Mestra e Licenciada en Psicoloxía.

Coñecernos e coñecer as persoas que nos rodean é indispensábel para regular a conduta. Desa regulación dependerá a nosa estima e a convivencia cidadá. Por esa razón, apostar polo coñecemento das emocións propias e alleas, a autonomía, a empatía e o respecto, é unha obriga da educación do século XXI.

De 12:30 a 14:00: As aulas temáticas e a aprendizaxe cooperativa, dúas liñas de traballo no CPI de Atios, Iago Cadarso. Mestre de EI no CPI de Atios (Valdoviño)

A distribución dos espazos condiciona en gran medida a actividade na escola. Nesta experiencia veremos unha posibilidade de traballar en aulas temáticas e como inflúe no equipo docente e na dinámica das nenas e nenos. Tamén veremos como desde a Educación Infantil podemos sentar as bases dunha educación máis inclusiva grazas á aprendizaxe cooperativa.

De 16:00 a 18:30: Xogos-baile para aprender e gozar, Olga Kirk Martínez, docente en varias escolas de música tradicional.

Obradoiro de canto, música e xogos dirixido a mestras e mestres de nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 3 e os 8 anos. Ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís e xogos tradicionais relacionados con estas cancións e coa fala, así como algunha melodía cantada acompañada dos ritmos básicos da nosa cultura musical. Aproveitaremos tamén para aprender algún baile e xogo baile, para que os nenos e nenas poidan traballar a psicomotricidade, así como espertar o seu interese pola música, o baile e a nosa tradición facendo disto unha actividade lúdica que lles permita aprender gozando.

De 18:30 a 20:00: Medindo e contando, Beatriz Carballal Moroño, Mestra de E.I. do C.E.I.P. Plurilingüe Alexandre Bóveda.

A través deste proxecto tratamos de descubrir no entorno que nos rodea e na realidade cotiá os aspectos matemáticos presentes na mesma. As cuestión tratadas foron moi diversas e abranguen cuestións como a numeración na vida cotiá, a representación dos aspectos cuantitativos nas rutinas diarias, a numeración a partir dos contos clásicos ou as secuencias temporais.

Ás 20:00: Clausura

LIGAZÓN PARA MATRICULARSE

Prezos: Soci@s da AS-PG e afiliad@s da CIG-Ensino: 10 €. Pard@s: 20 €. Normal: 30 €.

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*