Terceiro aniversario do MUNCYT na Coruña

muncytO ‘Museo Nacional de Ciencia y Tecnología’ cumpre tres anos.

Con motivo do aniversario, o Museo convida os cidadáns a facérense un selfie ou gravar un vídeo para felicitar o evento, e subilo a internet. Ademais, os primeiros visitantes que se acheguen ao Museo os días 2 e 3 de maio recibirán un recordo da visita.

O MUNCYT pertence á Rede de Museos de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, coordinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e constituída actualmente por 24 centros de diferentes tipoloxías, que inclúe museos de historia natural, de ciencia e tecnoloxía, xardíns botánicos, acuarios, centros interactivos e planetarios. Os seus obxectivos son contribuír a unha educación científica efectiva e de calidade, conservar e poñer en valor o patrimonio histórico científico e tecnolóxico e ser escaparate da ciencia e tecnoloxía estatales.

Ademais de exposicións organiza conferencias, actividades lúdico-científicas, obradoiros didácticos e outras iniciativas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*