Da man de Sogama, nova ficha para as aulas de Coñecemento do Medio do terceiro ciclo de Primaria.
Olalla cóntalle a Lino o que estiveron vendo en clase esta semana. Non escoitamos a conversa enteira, a ver se podes axudarnos a completar os ocos.
Estudaron que nutrición e alimentación non son o mesmo. A función de _______ é un proceso máis amplo. Inclúe os pasos necesarios para conseguir a ‘_______ ‘ coa que o noso corpo funciona e o ‘_______ ‘ co que o noso corpo _______ e se mantén. (…)
A ficha ‘Alimentándonos‘, como as últimas publicadas ao longo deste curso polo Caderno Verde está destinada ao terceiro ciclo de Primaria. Neste caso, e dentro do obxectivo de elaboración de contidos transversais para as diferentes materias escolares, a nova ficha sobre Alimentación destínase a clase de Coñecemento do Medio
Na web seguen dispoñibles outros contidos ambientais para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e tamén para o treito de Educación Infantil.
O Caderno Verde achega contidos para as aulas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Galega, Lingua Castelá, Educación Artística e Inglés.