10 xogos infantís para programar

 

Imaxe: Dash & Dot / Wonder Workshop
Imaxe: Dash & Dot / Wonder Workshop

Primo
Unha interface deseñada para ensinar lóxica de programación para nenos de tres a sete anos xogando cos conceptos de cálculo, secuencias de instrucións e algoritmos.

Codie
Unha start-up húngara creou un robot de xoguete co obxectivo de ensinar linguaxe de programación a nenos de entre oito e doce anos.

Dash and Dot
Dous robots que ensinan a adquirir coñecementos de programación a nenos a partir de cinco anos que están sendo probados en colexios de primaria nos EUA.

Bee-Bot
Boneco con forma de abella que se pode usar para ensinar programación a nenos que aínda non saben os números e as letras, xa que as instrucións danse mediante frechas.

Puzzlets
Deseñado para ensinarlles aos nenos como se programan os videoxogos mediante unha tarxeta.

Kano
Kit para a construción dun ordenador pequeno, que logo pode ser utilizado para crear xogos e como unha axuda para aprender a escribir código.

Robot Turtles
Inspirado na linguaxe de programación Logo, é un xogo de mesa para xogar cos pais.

Linkitz
Un xoguete de tecnoloxía wearable para ensinar código.

Code Monkey Island
Xogo de mesa no que os nenos utilizan estratexias que ensinan os conceptos básicos da lóxica de codificación.

Robotiky
Robot de xoguete que utiliza tutoriais e xogos para ensinarlles aos nenos programación e robótica.

Fonte: Axencia SINC (Ana Hernando)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*