A presenza de vexetación nas escolas reduce a contaminación do aire

Exemplo de espazos verdes nunha escola / Imaxe: Anders Leipzing
Exemplo de espazos verdes nunha escola / Imaxe: Anders Leipzing

A contaminación diminúe nos centros escolares que teñen árbores no entorno.

A presenza de árbores, plantas e vexetación (o verdor) relacionouse cunha mellor saúde mental e física. Nun estudo, liderado polo Centro de Investigación en Epidemioloxía Ambiental (CREAL), centro aliado ISGlobal, os científicos investigaron en 2012 a asociación entre o verdor próximo das escolas e a concentración, no interior e no espazo libre, dos niveis de contaminantes atmosféricos relacionados co tráfico incluíndo NO2, partículas ultrafinas, partículas de carbono e PM2.5 relacionados co tráfico rodado.

Os niveis de aire contaminado nas 36 escolas de Barcelona analizadas medíronse dúas veces ao ano durante dúas campañas dunha semana separadas por seis meses. Mediuse tamén o verdor dentro e a 50 metros ao redor da escola a través de medidas de satélite.

“Observamos unha gran redución dos niveis de contaminación do aire nas escolas con maior número de árbores ao redor “, explica Payam Dadvand, autor principal deste artigo publicado en Science of the Total Environment.

“Tendo en conta a alta carga dos efectos sobre a saúde dos escolares pola exposición a contaminantes do aire, os achados poderían informar aos responsables políticos e profesionais da saúde sobre a importancia do verdor na contorna escolar para evitar este tipo de cargas e, ao mesmo tempo, para lograr outros beneficios colaterais para a saúde do verdor como mellor desenvolvemento da conduta e o rendemento escolar”, conclúe Dadvand.

Referencia bibliográfica:

Dadvand P, Rivas I, Basagaña X, Alvarez-Pedrerol M, Su J, De Castro Pascual M, Amato F, Jerret M, Querol X, Sunyer J, Nieuwenhuijsen MJ. “The association between greenness and traffic-related air pollution at schools“.Sci Total Environ. 6 de abril de 2015.

Fonte: CREAL/ISGlobal – Axencia SINC

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O máis visto en Botóns durante o mes de maio | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*