IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

brinquedia-xogos-popularesO sábado 23 de maio, en Melgaço.

O evento está organizado por Brinquedia e Ponte…nas Ondas! O programa é o seguinte (o horario está expresado no horario galego, lembrade que en Portugal atrasa unha hora):

10:30-11:00: chegada e recepción de participantes.

11:00-14:00:
Práctica de xogos: batería de 30 xogos divididos en dúas quendas.
Obradoiro de construción de enredos.
Obradoiro de xogos musicais.
Demostracións de artesáns.
Espazos expositivos e de venda.

14:00: presentación da publicación “Xoguetes naturais. Outono-Inverno” polos seus autores, Xosé López González e Jose Manuel García Fernández.

14:00-15:30: parada para xantar.

15:30-17:30:
Exhibición e práctica de xogos e deportes:
Chaves de Ferrolterra, Ourense e Santiago.
Loita Tradicional Portuguesa (A Galhofa, Chaves).
Billarda (Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo).
Birlos: da Órrea, de Parada de Sil, Bolos Celtas.
Arrebolamento do goxo e Piñagoxo (Asociación Carballo Vivo, Friol).
XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta).
Entrega de agasallos a alumnado participante e colaboradores/as.

IMPORTANTE! Os centros galegos que asistan con alumnado deben ter presentes os aspectos legais requiridos para a saída de menores de idade do país. No seguinte documento atópanse indicadas as diferentes casuísticas e os seus requerimentos legais:

Máis información na web de Brinquedia sobre o encontro

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*