No Caderno Verde, para Coñecemento do Medio: ‘Máquinas’

maquinas-interiorNova entrega de Sogama para o traballo ambiental nas aulas.

Todo sería moi distinto sen os avances técnicos e científicos que representan moitas desas novas máquinas que enchen as nosas vidas. As máquinas modifican o xeito no que nos movemos polo mundo, a forma na que traballamos ou nos comunicamos. Mesmo cambian o xeito no que coidamos a saúde e a forma de pasar o tempo de lecer. Pero as máquinas tamén xeran novos problemas. Un deles ten que ver coa forma de desfacernos delas cando rematan o seu ciclo de vida. A sociedade xera todos os días moitas toneladas de residuos que son máquinas ou compoñentes de máquinas. E é moi importante ser rigorosos na xestión destes residuos.

Máquinas é unha nova ficha dispoñible no Caderno Verde e está destinada ao terceiro ciclo de Primaria. Neste caso, e dentro do obxectivo de elaboración de contidos transversais para as diferentes materias escolares, a nova ficha sobre ortografía destínase a clase de Coñecemento do Medio. Tal e como vos temos contado, nesta web educativa poden atoparse tamén moitos outros materiais destinados a outras áreas de coñecemento, desde as Matemáticas a Lingua Galega, pasando polo Inglés ou a Lingua Castelá. Na web do Caderno Verde seguen dispoñibles tamén outros contidos ambientais para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e tamén para o treito de Educación Infantil.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*