As vacinas demostraron ser seguras

vacunas-2Posición do Comité Asesor de Vacinas da Asociación de Pediatras.

  • A evidencia científica demostrou os beneficios das vacinas, reducindo as enfermidades infecciosas, o sufrimento, as secuelas físicas e psíquicas e os falecementos provocados polas infeccións.
  • As vacinas demostraron ser seguras. A experiencia acumulada mostra que os efectos adversos graves son moi infrecuentes, malia o cal debe manterse a vixilancia sobre eles, buscando o máximo nivel de seguridade.
  • Xa que logo, a efectividade e a seguridade das vacinas actualmente dispoñibles xustifican a confianza cara a estas de forma maioritaria, tanto entre os profesionais sanitarios como na poboación xeral.
  • En España, nestes momentos están documentadas aínda unhas excelentes taxas de cobertura de inmunización infantil para as vacinas comúns dos calendarios oficiais das diferentes comunidades autónomas.
  • Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (ano 2013), as vacinas comúns que se administran no primeiro ano de vida (hepatite B, difteria, tétanos, tose ferina, poliomielite, Haemophilus influenzae tipo b e meningococo C), mostran un cumprimento do 95 % de media no territorio estatal. No segundo ano de vida, tamén se observa como o 95% dos nenos reciben a vacina tripla vírica (sarampelo, rubéola e parotidite).
  • No entanto, observamos como nos últimos anos produciuse un leve descenso dun 1-2 % nesas porcentaxes (de 96-97% a 95%).
  • Estímase que pouco máis da metade dese 5% de nenos que non se vacina nestes dous primeiros anos de vida no noso contorno, débese a que os seus pais voluntariamente non quixeron vacinalos.
  • Os chamados movementos antivacinas sementan dúbidas acerca da seguridade e a efectividade das vacinas infantís, provocando a negativa dalgúns pais a vacinar a seus fillos. Dita negativa suscita un conflito de valores entre o dereito dos pais á crianza dos seus fillos segundo as súas crenzas, o de xustiza e ata o de non maleficencia, podendo poñer en risco a seus fillos e a outras persoas da comunidade, que por motivos variados non poidan ser vacinados.
  • En España, segundo a lexislación actual, as vacinas non son obrigatorias, salvo en situacións puntuais de andazos non controlados que ameacen de forma importante á saúde pública.

Posicionamento do Comité Asesor de Vacinas

A Asociación Española de Pediatría (AEP), a través do seu Comité Asesor de Vacinas e do seu Comité de Bioética, desexa manifestar o seu posicionamiento sobre a obrigatoriedade ou non das vacinas en España.

As vacinas son moi beneficiosas a nivel individual e colectivo. Deberían ser un dereito fundamental de todos os nenos e nenas. Con todo, a instauración oficial dunha obrigación legal de vacinas podería provocar sentimentos negativos cara ás vacinas na sociedade. Xa que logo, a AEP, no momento actual, dada a incidencia de enfermidades infecciosas e as coberturas de vacinas actuais, non se manifesta favorable a que as vacinas sexan obrigatorias por lei.

Os pais, logo de recibir unha información precisa e veraz sobre os beneficios e riscos da vacinación por parte dun profesional da saúde capacitado, deben decidir, de forma responsable, sobre a aceptación da vacinación de seu fillo. En caso de decidir non vacinar, deberían asinar un documento de non aceptación da vacinación, recoñecendo a súa responsabilidade polas posibles consecuencias médicas, éticas e legais, individuais e sociais da súa decisión.

Os pediatras temos un papel esencial na decisión dos pais e debemos informar con rigor e claridade. É necesario explorar os valores dos pais e as súas preocupacións. O respecto á autonomía non exime de argumentar e intentar conseguir actitudes e decisións saudables para os nenos.

Débese optimizar todo o esforzo posible en facer chegar a máis ampla e mellor información á sociedade sobre as vacinas e as enfermidades infecciosas que se preveñen con estas, cunha linguaxe fácil e asequible para todas as idades e os diferentes niveis socioculturais e idiomáticos. A desinformación pode chegar a ser máis perigosa que as propias infeccións.
O noso compromiso como pediatras, desde o fomento da responsabilidade, é esencial para lograr manter altos niveis de vacinación que protexan a saúde infantil. A AEP, desde principios de 2015, xa iniciou unha campaña sobre prevención infantil, na que se inclúe material informativo adaptado para nenos e os seus coidadores, sobre o poder preventivo das vacinas. A concienciación dos beneficios destas, desde a primeira infancia, debe ser un dos alicerces dunha confianza sostida e responsable cara ás vacinas no noso país.

A chamada á responsabilidade cara aos cidadáns debe complementarse coa máxima esixencia e esforzo das autoridades e os profesionais no obxectivo do desenvolvemento de vacinas mellores e máis seguras, o rigor e a transparencia no procedemento, e para facer chegar as vacinas a todos os nenos independentemente dos seus condicionamentos sociais.

Declaración de responsabilidade dos pais

O Comité Asesor de Vacinas da AEP, xunto co Comité de Bioética da AEP, expresaron a súa opinión respecto ao debate da obrigatoriedade da vacinación infantil, no sentido de que no momento actual non resulta conveniente establecer dita obrigatoriedade.

Con todo, o CAV-AEP opina que os pais que expresen o seu desexo de non vacinar a seu fillo ou filla ou ben de modificar (demorar) a idade recomendada de vacinación, sen indicación médica, deberían deixar constancia de tal decisión mediante a firma dun “documento de declaración de rexeitamento da vacinación”. Este documento que se propón non pecha a relación médico-familia/paciente, xa que debería ser só un punto e seguido na fluída relación de intercambio de información co obxectivo de convencer á familia das bondades da vacinación.

Idealmente, este documento ou outro similar, debería estar incluído na historia clínica informatizada do neno, desde onde se puidese descargar cos datos de cada neno e os seus pais, imprimirse e asinarse manualmente ou mediante sistemas electrónicos de firma dixital.

 

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O “efecto rabaño” coas vacinas | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*