O colectivo pediátrico debate a obrigatoriedade da vacinación

Flickr: Tina Franklin
Flickr: Tina Franklin

Reflexión aberta despois do caso de difteria, unha perigosa reaparición logo de 30 anos. A enfermidade é letal nun de cada dez casos.

“En aras dunha suposta liberdade individual para vacinar ou non a un fillo ponse en risco aos fillos doutros. Xa o comentou hai uns días Jules Hoffman, Premio Nobel de Medicina: ‘Non vacinar é un crime'”. Así de contundente se pronuncia o pediatra José Cristóbal Buñuel na reflexión que comparte na bitácora Pediatría baseada en probas. Este experto opina que só unha acción legal, política, convertendo o calendario de vacinacións sistemáticas en obrigatorio, “argumentada por razóns científicas que actualmente existen máis que de sobras, pode poñer fin a este sensentido”. Buñuel reprocha ademais que os medios de comunicación “deulles aos antivacinas todo tipo de altofalantes para que poidan propagar as súas sandeces”.

Ante a confirmación por parte do Centro Nacional de Microbioloxía (Madrid) do caso de difteria en Cataluña nun neno de 6 anos non vacinado fronte a enfermidade, desde o Comité Asesor de Vacinas da Asociación Española de Pediatría (CAV-AEP) abren o debate sobre a obrigatoriedade ou non das vacinas. O Comité, co obxecto de coñecer a opinión dos pediatras sobre esta cuestión, lanzou unha enquisa en liña.

Enfermidade infecciosa endémica en moitos países

A difteria caracterízase por ser unha enfermidade infecciosa endémica en áreas en desenvolvemento de África, Asia, Caribe e Suramérica. A última gran epidemia produciuse nos países da antiga Unión Soviética, na década dos 90. No último informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) documéntanse 4.680 casos de difteria no mundo no ano 2013. O anterior caso rexistrado en España máis recente data de 1986.

A enfermidade transmítese dunhas persoas a outras por vía respiratoria e produce febre, dor de garganta intenso e dificultade para respirar por obstrución grave da vía aérea superior, de tal forma que pode levar a asfíxia e a morte. A afectación sistémica pode ser intensa por efecto da toxina que libera o microorganismo, que pode causar dano no miocardio, sistema nervioso central e outros órganos. O tratamento consiste en antibióticos, soro antitoxina da difteria, así como medidas de soporte respiratorio, tales como traqueotomía, intubación endotraqueal, etc. A letalidade é do 5-10 %, sendo maior en nenos menores de 5 anos.

Grazas á vacinación sistemática e ao mantemento de coberturas fronte a esta enfermidade de máis do 95 % dos nenos residentes en España, non se producía ningún caso no noso país desde fai case 30 anos. A vacina antidiftérica está incluída nas vacinas combinadas (unida a outras, como tose ferina e tétanos, entre outras) que se administran desde os 2 meses de idade. En total, seguindo o calendario infantil, un neno recibe ata 6 dose de vacina antidiftérica durante os primeiros 14-16 anos de vida. O esquema habitual na maioría de comunidades autónomas é este: 2, 4, 6 e 18 meses, 6 e 14 anos.
Recomendámosvos tamén:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O “efecto rabaño” coas vacinas | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*