Canto tempo hai que chegou a moda de poñerse moreno?

sol-praiaEsta daniña tendencia da que a cidadanía acostuma a abusar xorde nos anos 20 do século pasado.

Tralo seu regreso en 1923 dunhas vacacións nun iate, as fotos da pel pigmentada da deseñadora francesa Coco Chanel popularizaron o concepto de “estar moreno”. Ata ese momento, a cor tostada relacionábase coas clases sociais máis baixas, que debían traballar ao aire libre, e coas persoas doentes, aos que os médicos a principios do século XX receitaban “baños de sol” para combater a anemia ou a depresión.

Josephine Baker, a primeira muller afroamericana en protagonizar unha película e que na época traballou de modelo, foi outra das mulleres que, xunto a Chanel, marcou o cambio de paradigma en cuestións de pel. A partir dese momento, moitas mulleres emularon o bronceado da deseñadora ou a cor natural de pel da artista.

Tal foi o éxito, que en 1927 o perfumista francés Jean Patou lanzou a primeira loción bronceadora, que anunciaba unha cor tostada sen necesidade de esperar a que chegase o verán.

Cales son os riscos de tomar o sol?
Desde hai anos coñécese o efecto nocivo dos raios ultravioleta. De feito, unha das principais causas de risco de melanoma é este tipo de radiación, que actúa sobre a pel predispoñendo á aparición de cancro cutáneo cando hai unha exposición inadecuada ao sol.

Segundo datos da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc), a incidencia de cancro de pel por exposición solar aumenta cada ano, seguindo así a tendencia mostrada na última década cun 50% máis de casos.

Canto tempo pode pasar desde que tomamos o sol sen protección ata que se produce un cancro?
Segundo lle explicou a Sinc Josep Malvehy, director da unidade do Melanoma do Hospital Clínic de Barcelona, non se sabe con precisión. “Os tempos de incubación ou latencia ata o desenvolvemento do tumor son moi distintos e dependen da xenética (o tipo de pel), o tipo de tumor e a inmunoloxía do paciente (as súas defensas). Por exemplo, o carcinoma basocelular, o tipo máis común de cancro de pel, pode ter un período de incubación por exposicións solares de 10, 15 e ata 20 anos nalgúns casos”, advirte.

Pero non todo é malo, cales son os beneficios dun “baño de sol”?
Tomar o sol con precaución achégalle moitos beneficios ao corpo humano, como o fortalecemento de ósos e dentes ou a mellora do aspecto da pel. Ademais, os expertos apuntan unha mellora nos estados depresivos, a calidade do soño e a vida sexual.

Así, unha das principais vantaxes é a axuda ao organismo para a síntese da vitamina D, básica para o crecemento, a osificación e as defensas do organismo.
No arquivo de Botóns recomendámosvos estas dúas informacións:

Fonte: Axencia SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*