Os “roteiros das burras” xa están sinalizados en Wikiloc

ceibes-no-monteDentro do proxecto Ceibes no Monte, que desenvolve o IES Terra de Turonio de Gondomar realízanse diversas actividades destinadas a poñer en valor o patrimonio cultural da zona, especificamente o ámbito da gandería cabalar.

Os roteiros da burras son os itinerarios que realizan os gandeiros cos cabalos desde o lugar da xunta, no monte, até o recinto do curro. Desde o proxecto Ceibes no monte, na exposición realizada polo centro, contemplouse a descrición e sinalización dos roteiros nos tres curros do Concello de Gondomar. No recente libro publicado polo Instituto, hai un apartado que describe estes roteiros de San Cibrán ( Donas ), Galiñeiro ( Vincios ) e Morgadáns.

No portal Wikiloc

Agora o instituto dá un paso máis e desde o Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural deseñouse a sinalización e preparación dos roteiros para incluilos en dispositivos móbiles e electrónicos. Para iso, alumnado e profesorado deste ciclo formativo realizou un traballo sobre o terreo, contando cos gandeiros que informaron de diferentes aspectos relacionados con estes roteiros. Ademais da medición, realizáronse esbozos e fotografías que foron trasladando a un blog:
http://200dias2milaventuras.blogspot.com.es/search/label/Roteiro%20das%20Burras

Unha vez finalizados os traballos, decidiuse incluír os tres roteiros no portal de rutas internacional WIKILOC, que conta con rutas en todo o mundo e que só en España conta con máis de un millón de persoas rexistradas e con máis de tres millóns de rutas.
A inclusión dos roteiros da burras vai permitir descargar a aplicación destas rutas en todo tipo de dispositivos móbiles tanto Iphone como Android coa súas cooordenadas GPS.
Desde a páxina Web do Instituto:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesterradeturonio/ pódese acceder aos roteiros e na Web do proxecto Ceibes no monte hai información do proxecto:
http://www.ceibesnomonte.com

Sinalización pendente

Desde o Instituto Terra de Turonio vense propoñendo ao Concello de Gondomar a sinalización destes roteiros sobre o terreo, así como a dos curros, con proxectos xa realizados pero pendentes de executar por parte do Concello. O alumnado do ciclo formativo que se imparte no centro podería ser un grande dinamizador deste patrimonio cultural que ten o concello.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*