Volta á escola co Caderno Verde

eco-volta-escola-portadaO mes de setembro, é un bo momento para facermos bos propósitos ambientais para este curso que comezamos.

O pasado mes de xuño despedimos o curso recomendándovos un verán ambientalmente responsable e lembrándovos algúns contidos de interese para ese tempo vacacional publicados polo Caderno Verde. Pero este espazo ambiental de Sogama para as escolas contén tamén algúns contidos ben axeitados para o inicio do curso ambiental.

Tanto no que respecta ás aventuras da familia Trebón, enfocadas ao treito de Infantil aínda que tamén usadas nalgunhas aulas do primeiro ciclo de Primaria, como no que lle toca aos Amigos de Vilaverde, protagonistas das fichas didácticas que repasan os contidos curriculares tratando transversalmente temas ambientais, peneiramos para vós as seguintes propostas:

 

 

INFANTIL
Festa e volta á escola coa familia Trebón

Volta á escola dos amigos da Familia Trebón

PRIMARIA
‘O Colexio’, ficha didáctica para o 1º ciclo de Educación Primaria (.pdf)

‘How green is your school?’, ficha didáctica para o 3º Ciclo de Educación Primaria (.pdf)

 

lucas-interiorPodes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*