O apoio aos docentes é clave para conseguir unha sociedade sostible

dia-mundial-docentesEste 5 de outubro, a Unesco e os seus asociados promoven os actos do Día Mundial dos Docentes. “Empoderar o profesorado para construír sociedades sostibles” é o lema elixido para o Día Mundial dos Docentes de 2015.

No Encontro de Oslo sobre Educación e Desenvolvemento, que tivo lugar en xullo de 2015, fíxose fincapé na necesidade de aumentar os investimentos en formación de docentes. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que deben de aprobarse no Cumio das Nacións Unidas de setembro de 2015, inclúen un obxectivo específico, o número 4, no que se propón que de aquí a 2030 se aumente substancialmente a oferta de docentes cualificados, en particular mediante a cooperación internacional para a formación de docentes nos países en desenvolvemento, especialmente os países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento.

“Velaremos porque os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de xeito eficaz…”

Declaracion de Incheon, WEF 2015

 

Na Declaración de Incheon aprobada no Foro Mundial de Educación celebrado en maio de 2015, recoñeceuse a importancia do empoderamento. Nese foro, 1.600 participantes de 160 países comprometéronse a mirar porque os docentes e os educadores estean empoderados.

Chave de sustentabilidade

É un feito recoñecido que os docentes non só son un medio de alcanzar os obxectivos da educación; son tamén a chave da sostibilidade e a capacidade nacional para lograr a aprendizaxe e crear sociedades baseadas no coñecemento, os valores e a ética. Pero os docentes seguen afrontando os problemas derivados da falta de persoal, a escasa capacitación e a baixa consideración social.

O Instituto de Estatística da UNESCO calcula que para alcanzar o obxectivo da educación primaria universal de aquí a 2020 os países necesitarán contratar a un total de 12,6 millóns de mestres de primaria.

O Día Mundial dos Docentes, que se celebra o 5 de outubro, pon de relevo o feito de que os docentes deben ser empoderados como paso decisivo na consecución da educación de calidade e as sociedades sostibles.

Información e eventos en www.worldteachersday.org

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*