Semana Europea de Sensibilización sobre o TDAH

tdah-semana-europeaCelebraranse eventos e actividades relacionadas co Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade. Do 11 ao 18 de outubro de 2015.

A convocatoria desta semana de sensibilización vense realizando desde 2008, promovida por ADHD Europe de forma coordinada en diversos países.

A Federación Española de Asociacións de axuda ao Déficit de Atención e Hiperactividade (FEAADAH) aproveita a convocatoria para poñer de relevo os avances no ámbito institucional que responden á existencia dunha maior concienciación na sociedade española sobre a necesidade introducir unha resposta integral á problemática das persoas con TDAH.

De forma concreta, no ámbito estatal, o recoñecemento expreso na Lei Orgánica de Educación, a través da LOMCE, do dereito dos escolares afectados por TDAH que o requiran a recibir unha atención educativa diferente á ordinaria para que poidan alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado e o deber das Administracións educativas de asegurar os recursos necesarios para iso. De todos os xeitos, o colectivo advirte que o desenvolve destes apoios depende de cada comunidade autónoma, e de momento non todas as comunidades aprobaron protocolos de coordinación neste sentido.

Sobre o TDAH
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é o trastorno psiquiátrico máis frecuente na infancia. Estímase que o padece o 5% da poboación infantil-xuvenil, o que equivale a un ou dous nenos por aula.

Este trastorno é biolóxico, de orixe neurolóxica, provocado por un desequilibrio existente entre dous neurotransmisores cerebrais: a noradrenalina e a dopamina, que afectan directamente as áreas do cerebro responsables do autocontrol e da inhibición do comportamento inadecuado.

O TDAH provoca no neno as seguintes alteracións na súa conduta:

Hiperactividade: Presenta un nivel superior de actividade dada a súa idade.
Impulsividade: Ten dificultade para controlar as súas condutas, emocións e pensamentos.
Inatención: Ten unha gran dificultade ou incapacidade para prestar atención e concentrarse.
Estes síntomas non sempre están presentes conxuntamente – existen distintos subtipos de TDAH – e maniféstanse en polo menos dous ambientes da vida do neno (casa, colexio, etc.). Os nenos son máis propensos a sufrir TDAH que as nenas nunha proporción de catro a un.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*