Acción promovida por Amigos da Terra.
Apuntate ao voluntariado ambiental de Amigos da Terra: colabora na protección do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Queres involucrarte no coidado da natureza e coñecer un pouco mellor os tesouros naturais galegos? Amigos da Terra abriu prazo de inscrición para que te apuntes nos campos de voluntariado deste outono.
Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM organizan varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques, os seus terreos e centros.
Aquí en Galicia desenvolveránse durante os meses de outubro e novembro no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico (cambios dun ser vivo ao longo do tempo) das principais especies de flora arbórea e arbustiva.