Cuestionario sobre convivencia nas aulas

rp_nenos_xogando-287x300.jpgOs centros poñen a disposición da comunidade educativa desde este mércores coa fin de testar o estado da convivencia escolar nas escolas galegas.

O conxunto da comunidade escolar galega poden completar o cuestionario on line deseñado pola Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de testar o estado da convivencia escolar nos centros da nosa comunidade (de infantil, primaria, secundaria, FP, Bacharelato, escolas de idiomas e conservatorios de música).

O cuestionario cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña, e son os directores dos propios centros os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes.

Ata fin de mes
Os destinatarios dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrila e, para facilitar ao máximo o proceso, poden acceder ao cuestionario -coas claves aleatorias que lle asinen- a través de calquera dispositivo electrónico (ordenadores, móbiles, tabletas,…). No caso do alumnado en escolaridade obrigatoria, os centros organizarán quendas para que as cubran nas súas aulas de informática, como xa fixeran na enquisa piloto.

Trátase dun proceso totalmente privado e anónimo e, co fin de acadar os resultados máis obxectivos posibles, o contido das preguntas coñecerano cada un dos participantes no proceso no mesmo momento en que decide cubrir o cuestionario. Non obstante, trátase de preguntas sinxelas, breves, claras e concisas que se poden contestar facilmente e que están deseñadas en función do colectivo ao que van dirixidas.

Chamamento á participación
A modo de exemplo, no caso do alumnado hai preguntas sobre a súa posible condición de vítima ou agresor en condutas contrarias á convivencia, así como sobre situacións que favorecen a resolución pacífica de conflitos tales como o traballo en equipo, o diálogo, etc. Canta máis información se dispoña, máis axeitado será o diagnóstico que se realice a partir dos datos obtidos e máis efectivas serán medidas a introducir nos centros de cara á mellora do clima escolar e a resolución pacífica dos conflitos. O cuestionario sobre convivencia escolar que hoxe se pon en marcha enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*