Coñeces a ubicación dalgunha charca? Entra no Inventario de Charcas e axúdanos a protexela!

adega_charcas_con_vidaProxecto “Charcas con Vida” de Adega.

As charcas son pequenas masas de auga, permanentes ou temporais, de gran valor ambiental e de elevada fraxilidade. Estes ecosistemas albergan interesantes poboacións de algas, plantas, anfibios, e invertebrados que precisan deste medio para vivir ou completar o seu ciclo vital. Moitas destes organismos están ameazados ou teñen requerimentos de hábitats moi específicos.

As charcas son tamén corredores biolóxicos que incrementan a conectividade entre hábitats. Moitas destas zonas húmidas constitúen importantes elementos patrimoniais e son espazos cun gran potencial para a educación ambiental e a investigación. Porén, a pesar da súa importancia, estes ecosistemas e os seus beneficios son a maioría das veces descoñecidos pola cidadanía, o que remata nunha ameaza constante e na súa desaparición. Coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír á súa conservación nace o proxecto Charcas con vida.

Ti tamén podes colaborar: Amósanos a túa charca! Accedendo ao aplicativo do Inventario de Charcas podes incorporar, cuns simples pasos, a túa charca á listaxe e contribuir deste xeito a protexela.

Web de Charcas con Vida

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*