A Universidade da Coruña acolle a celebración da First Lego League Galicia 2016 na Facultade de Informática.
O 20 de febreiro dende as 9:00h ata as 14:00h desenvolverase nas instalacións da FIC o torneo First Lego League (FLL) Galicia, un concurso para que estudantes de primaria e secundaria teñan un acercamento motivador ás novas tecnoloxías, potenciando, ademais, valores educativos como a capacidade de traballo en equipo, o compañerismo e a presentación dun proxecto científico.
Na edición galega organizamos 2 competicións simultaneamente: a Junior First Lego League, non competitiva, para nenos e nenas entre 6 e 9 anos, e a First Lego League, na que compiten equipos de 3 a 10 participantes de entre 10 e 16 anos acompañados por un adestrador. Esta última consta dunha proba de robótica, a presentación dun proxecto científico (este ano sobre o reciclado do lixo), e a demostración do desenvolvemento de valores como a cooperación, a valoración do traballo ben feito, o respecto ao traballo dos demais, …
A organización deste torneo corre a cargo de 3 centros da UDC: a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior (ámbalas dúas de Ferrol) e a Facultade de Informática. Como podedes supoñer, é necesaria a participación desinteresada de voluntarios para garantir o éxito do evento.
Colabora connosco facéndote voluntario aquí http://goo.gl/forms/FwAatx7lph.
Séguenos en https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia | @FLLGalicia
Fonte: firstlegoleaguegalicia