Lingua de namorar

lingua-de-namorarPrazo aberto deica o 28 de febreiro.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima é de 350 caracteres. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1º Smartphone ZTE, 16 GB
2º Drone AIRIS con cámara vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
3º Torre de son Bluetooth, 60 W RMS, Mp3

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1º Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 MPX
2º Smartwathc SPC Gold
3º Disco duro externo Toshiba 1Tb

O prazo para enviar as mensaxes remata o 28 de febreiro de 2016. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para as votacións, que abrangue do 29 de febreiro ao 4 de marzo. En ambos os casos, cómpre cubrir o formulario de rexistro.

 

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*