Mister Iglú fai amigos: un conto infantil para fomentar o reciclado de vidro

ecovidrio-mister-igluA Familia Trebón coñece ao popular personaxe Mr Iglú e xuntos aprenden sobre a reciclaxe de vidro.

Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro cuxo cometido se centra na xestión integral dos residuos dos envases de vidro, toda vez que asume a instalación dos contedores e infraestruturas, encargándose igualmente do servizo de recollida, transporte e tratamento, edita e distribúe entre os preto de 900 colexios galegos de infantil e primaria, e coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, un conto que, baixo o título “Mr Iglú fai amigos” dirixe aos escolares co obxectivo de fomentar o reciclado do vidro.

O protagonista da historia, Mr. Iglú, faise amigo dos personaxes que protagonizan a serie de videocontos medioambientais “Planeta Verde” auspiciados por Sogama (Anselmo, Lucas, Vito e Lilia, ademais do can Antenas e o gato Evaristo) e a través dos cales a empresa pública promove entre a poboación en xeral, e os máis pequenos en particular, as boas prácticas no coidado e protección da contorna, prestando especial atención á xestión sostible dos residuos urbanos.

Xuntos Míster Iglú e a familia Trebón
Cando Anselmo vai depositar o vidro ao iglú correspondente, lévase un bo susto porque a súa aparencia é a dun monstro regordete cunha gran boca. Pero en realidade trátase de Mr. Iglú, un novo e simpático compañeiro de xogos que se pon moi contento cando os cidadáns lle dan de comer, pero unicamente envases de vidro (botellas, frascos e tarros), sen tapas nin tapóns, e tampouco espellos e lámpadas. De facelo así, acaba doente.
A relación entre todos eles afianzouse de tal forma, que ata comparten o seu tempo de lecer, chegando a organizar un partido de fútbol no que Mr. Iglú colócase na portería. Dado o seu volume, é case imposible meterlle gol.

A publicación conclúe cunha serie de viñetas para colorear nas que se reproducen algunhas das imaxes presentadas no libro.

As cifras da reciclaxe do vidro en Galicia
•Os galegos reciclaron 39.000 toneladas de residuos de envases de vidro a través do contedor verde durante 2014, o que equivale a unha media de 14,2 kilogramos por habitante (máis de 54 envases por persoa).

•Co fin de facilitar a colaboración cidadá, incrementouse en 2,7% os puntos de contenerización, situando a media rexional nun contenedor por cada 206 habitantes, superior á nacional dun contedor por cada 240 cidadáns. O ano 2014 finalizou cun total de 13.339 contenedores instalados en Galicia.

•Grazas ao vidro depositado nos contedores, os galegos lograron evitar a emisión de 26.100 toneladas de CO2, a extracción de 46.900 toneladas de materias primas e o aforro de 105.300 MWh de enerxía.

Coa reciclaxe de tan só tres botellas de vidro…
•Afórrase máis de 1 quilo de materia prima.

•Afórrase a enerxía necesaria para cargar un Smartphone durante un ano, así como a enerxía suficiente para manter acesa unha lámpada de baixo consumo durante 9 días.

•Evítase a emisión de 1 quilo de CO2 á atmosfera.

A reciclaxe do vidro adecúase perfectamente ao concepto de economía circular, toda vez que dun envase de vidro pódese extraer outro de idénticas características e sen perda de propiedades.

Máis información na web de Ecovidrio

O conto, xa distribuído nas escolas, tamén pode descargarse aquí: Mr Iglú fai amigos (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*