É coñecido que a lectura é unha chave básica para o desenvolvemento cognitivo das persoas, pero somos conscientes de ata que punto é beneficiosa a literatura infantil para os máis pequenos? Seguramente aínda o é máis do que poidamos imaxinar. Inculcándolle aos nenos e nenas o gusto polos libros en xeral, e pola literatura en particular, estamos a favorecer a súa madurez como persoa: case nada! Polo interese do tema, deixámosvos a ligazón dun texto que a xornalista Ángela R. Bonachera publica no portal Hacer familia: