Decálogo para enfrontar o acoso escolar

000686020Como enfrontar o acoso escolar? A resposta non é sinxela, pero dende a Deputación de de Biskaia elaboraron un decálogo que pode ser de moita axuda para dar pasos adiante na loita contra a violencia nas aulas:

1-Ponte sempre no lugar da outra persoa. Non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixesen a ti.

2-Se observas actitudes despectivas ou maltrato no teu entorno: Tolerancia cero. Non rías as bromas de quen abusa dos demais. Es máis valente se actúas en defensa da persoa agredida.

3-Se ves algún abuso na túa escola fala con quen o sofre e pregúntalle como se sinte. Demóstralle que estás ao seu lado. Solidarízate!

4-Se sabes da existencia de abusos entre compañeiros e compañeiras pide axuda a unha persoa adulta de confianza.

5-.Como calquera outra persoa as nenas e os nenos tamén necesitan axuda aínda que ás veces non a pidan con palabras. Presta atención na túa contorna, observa e escoita activamente se hai menores que demandan ou necesitan axuda. Nunca ignores ou menospreces as súas queixas. Faille ver que dispón de apoios, que pode contar contigo. Informa ao centro educativo e pide axuda e/ou asesoramento.


6- Ensina a mostrar os sentimentos. Se es un pai ou unha nai emocionalmente intelixente, as túas fillas e os teus fillos tamén o serán. O recoñecemento e o control das emocións, xunto coa empatía, son fundamentais nas relacións.

7-Ante todo infórmate. Aprende a distinguir cando é acoso de cando non o é. Involúcrate e fai partícipes aos demais.

8- Podes redactar de forma participativa un código de respecto mutuo e convivencia e colaborar para que se cumpra.

9-Educa no respecto aos demais, reforza a educación na convivencia e ensina modelos de resolución non violenta dos conflitos.

10- Non culpes a priori, as preguntas hanche dar respostas máis sinceras. Emprega a túa intelixencia emocional e a empatía.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*