21 propostas para o ano Manuel María

fundacion_manuel_mariaA Casa Museo Manuel María segue a publicación de materiais didácticos arredor do homenaxeado.

Agroman en todo o país un feixe de iniciativas diversas arredor do homenaxeado este 2016 co Día das Letras. Na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, estreaban a pasada semana a obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, a cargo da compañía luguesa Lucecús Teatro. Tamén se presentaba na mesma fin de semana ‘A voz do vento’, un novo traballo musical feito sobre poemas de Manuel María coa música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel.

Ademais, acaban de lanzar unha serie de posíbeis propostas para traballar arredor de Manuel María en calquera ámbito social: son un total de 21 iniciativas ao dispor de concellos, asociacións de todo tipo, bibliotecas, centros de ensino, clubes de lectura… Están inspiradas no obxectivo de que as Letras Galegas para Manuel María estean moi presentes todos os días do ano, en espazos moi distintos, “e sexan protagonizadas polo pobo, aquel ao que el dirixiu a súa obra, co que man a man colaborou na fermosa tarefa de normalizar lingüística e culturalmente a nosa terra”.

Pode descargarse aquí: 21 propostas para o ano Manuel María

Na sección de recursos da web da Casa Museo podedes atopar outros materiais

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*