Axuda a levar adiante o Festival Audiovisual Olloboi!

olloboiO proxecto ten en marcha unha campaña de financiamento en Verkami. Tamén está aberto o prazo de recepción de traballos.

Olloboi é un Festival Audiovisual orientado a producións audiovisuais de ámbito escolar e académico, desde educación infantil a universitaria.

Recibe traballos de toda Galicia e celebrará este 2016 a súa 7ª edición. Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos de toda Galicia e 10 000 visitas na web e redes sociais en cada unha das dúas edicións anteriores) este festival representa xa á canteira do audiovisual galego

Olloboi tamén é unha asociación sociocultural sen ánimo de lucro, fundada inicialmente por profesorado de secundaria pero aberta hoxe á colaboración de profesionais doutros ámbitos.

“Conscientes de que no panorama da cultura galega non hai un recoñecemento explícito das iniciativas audiovisuais escolares, decidimos traballar para premiar a orixinalidade, arte e compromiso de moitos futuros profesionais. Olloboi tén unha clara vocación educativa e creativa, pois persegue a sensibilización social e medioambiental e fomenta o activismo e o traballo colaborativo.

A proposta para este ano 2016 é máis ambiciosa cá de anos anteriores, pois pretendemos organizar proxeccións en diferentes centros galegos, 2 xornadas en Boiro que resuman o traballo de anos anteriores, e 1 novo encontro de 2 días entre creador@s (do mundo escolar) e profesionais; incluíndose na programación obradoiros de creación audiovisual, charlas sobre novo cinema galego e ficción, panorama audiovisual actual (segundo a Academia Audiovisual Galega), etc…”

Videoteca con traballos gañadores de anteriores edicións e outros vídeos

Calendario previsto
Ata 6 de maio: inscrición de traballos en olloboi.com
27 e 28 de maio: Encontro Olloboi 2016 e gala de entrega de premios

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*