Ti consomes: fano igual en todas as partes?

consumopolisO prazo para a presentación de traballos na nova edición de Consumópolis rematará o día 31 de marzo.

Está xa aberta a fase galega do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida “Consumópolis-11 Ti consomes: fano igual en todas as partes?”

A educación para o consumo é fundamentalmente unha educación social e cidadá, que incide na comunidade e representa un medio para avanzar cara a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades, disposta a actuar nunha sociedade globalizada e cambiante. Promover a educación para o consumo responsable nos centros docentes galegos é un interese do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de que o alumnado desenvolva as competencias que lle permitan exercer os seus dereitos como persoas consumidoras, actuando no mercado de forma autónoma, responsable e solidaria.

En consonancia con estes principios, o Instituto Galego de Consumo participa na organización do concurso de ámbito estatal Consumópolis, conxuntamente coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) e outras dezaseis comunidades autónomas. Este concurso ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades que promovan, entre os máis novos, hábitos de consumo responsable, fomentando a participación dos centros docentes, a través do profesorado e do alumnado, en actividades relacionadas coa educación para o consumo.

Elaboración do vídeo

a) En canto ao contido, os equipos de educación primaria deberán comparar aspectos relacionados coa alimentación (produtos alimenticios, dieta, etc.) ou o lecer. Os equipos de educación secundaria realizarán a comparación entre o lecer ou a compra de produtos ou servizos. Indicarase claramente a tradición cultural sobre a cal se realizará a comparación así como un título ou slogan.

b) A duración do vídeo non será superior a un minuto, excluídos os títulos de crédito.

Equipos

Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes equipos deben estar inscritos na fase estatal do concurso e todos os seus membros teñen que tela rematada.

Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Cada equipo deberá presentar un único traballo.

Categorías de participación

Establécense tres categorías de participación:

– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.

Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma na fase estatal que terá lugar en Madrid.

Máis información en Consumópolis

As bases completas no DOG do 18 de xaneiro

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*