Certame Proxecta D+I

premios-d-iPremios a “Docentes Innovadores” da Fundación Amancio Ortega.

Quen pode participar

Pode participar calquera docente do sistema educativo oficial que imparta ou impartise clases en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Educación Especial, Bacharelato ou Formación Profesional en centros do territorio español. Permítese, polo tanto, a participación de docentes substitutos ou substituídos, xubilados, interinos, etc.

O prazo para presentar a túa propia candidatura ou nomear ao docente que consideres termina o 20 de abril de 2016.

Nas bases de participación atoparás máis información sobre as condicións de presentación das candidaturas e sobre os criterios de valoración.

Premio

Esta primeira edición do Certame “Proyecta D+I”, establece un premio en metálico de 10.000€ para o gañador. Ademais do premio en metálico, entregarase unha insignia dixital como recoñecemento e difundirase o labor do docente premiado a través de Proyecta e de todos os seus colaboradores.

Fases e mecánica

De entre todas as candidaturas presentadas, ben sexa por AUTOCANDIDATURA ou por NOMEAMENTO, o xurado analizará todos os vídeos de presentación dos candidatos e, en aplicación das bases de participación, seleccionará aqueles que considere que mostran de maneira máis relevante a achega do candidato á innovación educativa.

O certame poñerase en contacto cos candidatos seleccionados para comunicarlles que pasaron á segunda fase do concurso.

Nesta segunda fase o xurado tomará en consideración a documentación extra achegada por cada unha das candidaturas e, en caso de ser necesario, buscará ou solicitará calquera outro dato relevante para a toma de decisión final. O xurado comunicará o seu fallo o día 20 de maio de 2016. A comunicación incluirá a publicación da listaxe de candidatos finalistas (nun número máximo de 10), e o gañador do Premio. O xurado, xunto coas entidades convocantes do certame, poderán outorgar accesits en atención á calidade das candidaturas, se así o estiman conveniente.

Que se premia?

As ideas, actitude, metodoloxía innovadora e proxección dos candidatos, independentemente do tipo de soporte ou procesos que empregue para o exercicio da docencia.

Que se valorará na candidatura?
Valorarase o perfil profesional dos docentes, as súas ideas, a metodoloxía empregada para a aprendizaxe dos seus alumnos, a súa creatividade e a súa proxección de futuro. O vídeo de candidatura debe reflectir de maneira sintética a idoneidade do candidato, a súa implicación nun ensino innovador e a súa achega á estimulación da aprendizaxe.

Hai división por categorías?
Non, todos os docentes compiten por igual, independentemente do nivel de ensino que impartan.

Máis información

As bases completas (.pdf)

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*